O concurso que propón a plataforma Proxecta está dirixido ao profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato e formación profesional de calquer centro escolar galego. Ten como prazo final de entrega o 14 de maio para recibir os proxectos de innovación con tecnoloxías que impliquen unha renovación no proceso de ensino aprendizaxe nas escolas.
Preme na icona para enlazar coa web da plataforma e informarte de todo.
Proxecta é unha iniciativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, fundacións que teñen un forte compromiso co fomento da innovación en educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario