30 de abr. de 2014

Convocatoria no proxecto experimental Educación Dixital 2014/15

     Segundo a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital no curso 2014/15.
      O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL trata de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes desde que sae publicado no DOGA. Vai destinado aos centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria no vindeiro curso.


29 de abr. de 2014

"Un gusano en Internet Explorer"

     O Departamento de Seguridade Nacional de Estados Unidos emitiu unha alerta para recomendar que se evite o uso do navegador Internet Explorer.

    Ao parecer producíronse varios ataques de piratas informáticos ao navegador de Microsoft, mediante un "gusano". Recoméndase o uso doutro navegador  ou o emprego da ferramenta gratuita de Microsoft de protección ante posibles ataques EMET.


Deixo un enlace ao artigo completo na Voz de Galicia.

O coche sen conductor de Google

     Segundo o artigo da Voz de Galicia, varios prototipos de coche de Google estiveron circulando por zonas urbanas en California. Google iniciou este proxecto en 2009 e, desde ese ano, dúas ducias de Lexus circularon e rexistraron en mapas 3D ata 700000 millas, principalmente en autopistas e carreteiras. 
Aquí vos deixamos un enlace ao artigo da Voz.

28 de abr. de 2014

I Concurso Proxecta Innovación

     O concurso que propón a plataforma Proxecta está dirixido ao profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato e formación profesional de calquer centro escolar galego. Ten como prazo final de entrega o 14 de maio para recibir os proxectos de innovación con tecnoloxías que impliquen unha renovación no proceso de ensino aprendizaxe nas escolas.
     Preme na icona para enlazar coa web da plataforma e informarte de todo.


Inicio


     Proxecta é unha iniciativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, fundacións que teñen un forte compromiso co fomento da innovación en educación.


25 de abr. de 2014

Andy Warhol diseñou en computadora fai 30 anos

A Voz de Galicia, na súa edición dixital, publicou un artigo sobre o descubrimento dun disquete con obras inéditas de Andy Warhol. O museo que leva o nome do famoso artista estadounidense desvelou unha serie de traballos que este diseñou en 1985 coa computadora Commodore Amiga 1000. Warhol concibiu as obras tras firmar un contrato con Commodore Internacional segundo refire o artigo do xornal ao que vos deixo un enlace, preme na obra de Warhol.


24 de abr. de 2014

Viaxando ao pasado

Bos días, vendo o xornal hoxe pola mañá lemos un artigo interesante: Google Maps sacou unha funcionalidade máis que permite viaxar ao pasado. Coas imaxes que foi recopilando desde 2007 podemos ver cómo foi evolucionando un determinado lugar.
Aquí vos deixo o link á Voz de Galicia para ler o artigo completo.

23 de abr. de 2014

Os libros... unha viaxe imaxinaria

Bo Día do Libro!

Lembrade que, ben sexa en formato papel como en dixital,

"Para viajar lejos no hay mejor nave que un libro"
                                              
                                              Emily Dickinson

22 de abr. de 2014

Un pouco de humor

Navegando pola rede atopei un blogue no que tiñan un post sobre as que consideran as dez mellores viñetas de humor educativo. Aquí vos deixo o enlace, preme na imaxe e accederas a tiching blog , deberíamos rir un pouquiño máis, aprendamos dos nenos/as.

http://blog.tiching.com/las-10-mejores-vinetas-de-humor-educativo/

Viñeta de humor educativo | Tiching

13 de abr. de 2014

A escola e as novas tecnoloxías

Creo que ver este reportaxe de RTVE é unha boa maneira de comezar este blogue dedicado á tecnoloxía e a educación.


12 de abr. de 2014

Un neno pode ensinar tres cousas a un adulto

Navegando pola rede atopámonos cunha frase de Paulo Coelho que nos pareceu moi interesente. Aí vai para que reflexionedes un pouco:

"Un niño puede enseñar tres cosas a un adulto: a ponerse contento sin motivo, a estar siempre ocupado con algo y a saber exigir con todas sus fuerzas aquello que desea".
Paulo Coelho